Unha árida estación branca (en inglés: A Dry White Season) é un filme estadounidense de 1989 dirixido por Euzhan Palcy. Está protagonizado por Donald Sutherland, Jürgen Prochnow, Marlon Brando, Janet Suzman, Zakes Mokae e Susan Sarandon. O guión foi escrito por Colin Welland e Euzhan Palcy, e baséase na novela homónima de André Brink. Robert Bolt tamén contribuíu cunha revisión non acreditada do guión.[1] Está ambientada na Suráfrica de 1976 e trata o tema do apartheid. Brando foi nomeado ó Oscar ó mellor actor secundario.
Estreouse en galego o 21 de novembro de 1992 a través da TVG.[2]
Personaxes
Notas
- ↑ A Dry White Season, Internet Movie Database. Consultado o 18 de abril de 2011.
- ↑ La Voz de Galicia, 21 de novembro de 1992. Páx. 79
Véxase tamén
Ligazóns externas