Unha noite no muíño é o segundo álbum musical do grupo Treixadura. Neste traballo, Treixadura introduce o acordeón como novidade instrumental e dous temas de autor: "Ó pasar por Coruxo" de Enrique Otero Covelo e "Muiñeira do Seixo" de Paulo Nogueira, sendo está última a primeira composición propia que achega o grupo ó seu repertorio. O resto dos temas pertencen á música tradicional do país.
Intérpretes
- Xan López: Gaita, bombo, voz e coros.
- Antón López: Gaita, tamboril, pandeireta, cunchas, voz e coros.
- Xaquín Xesteira: Gaita, tamboril, pandeireta, pandeiro, cunchas e coros.
- César Longa: Acordeón, bombo e coros.
- Paulo Nogueira: Gaita e bombo.
Listaxe de cancións
- "O Melro"
- "Ó pasar por Coruxo"
- "Xota de Xosé"
- "Vinde rapazas (I)/Vinde rapazas (II)"
- "Valses da Arousa (I)/Valses da Arousa (II)"
- "Esta noite (Alalá de Meira)"
- "Marchas Procesionais (I)/Marchas Procesionais (II)"
- "San Fins do Castro"
- "Pasodoble de San Roque"
- "Terra de Montes"
- "Muiñeira do Seixo"
- "Polca dos Matos"
Véxase tamén
Ligazóns externas