Unha festa de pracer (en francés: Une partie de plaisir) é un filme francés de 1975 dirixido por Claude Chabrol e protagonizado por Paul Gégauff. No filme, Gégauff interpreta un escritor cun matrimonio problemático que remata en traxedia (en 1983, Gégauff foi asasinado a coiteladas na vida real pola súa segunda esposa). No filme, o papel da súa muller está interpretado pola súa primeira esposa real Danièle Gégauff (xa divorciado cando se fixo este filme) e a súa filla é interpretada pola súa filla da vida real Clemence Gégauff.[1]
Estreouse en galego o 12 de setembro de 2020 a través da TVG.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas