Unai Hualde Iglesias, nado en Altsasu o 25 de xullo de 1976, é un avogado e político navarro do Partido Nacionalista Vasco e Geroa Bai, deputado no Parlamento de Navarra e presidente do mesmo dende 2019.
Traxectoria
Licenciouse en Dereito na Universidade de Deusto e ten un máster en xestión de persoal. Traballou como avogado no sector privado como asesor legal na área de dereito público e administrativo.
Converteuse en membro do Partido Nacionalista Vasco en 1999, e dende 2015 é o presidente do Napar Buru Batzar, unha das cinco comisións executivas do Euskadi Buru Batzar do PNV.[1]
Foi alcalde de Altsasu por Nafarroa Bai dende 2007 até 2011. En 2015, converteuse en parlamentario do Parlamento de Navarra con Geroa Bai, onde foi vicepresidente primeiro da mesa do parlamento.[2][3]
Dende 2019, é o Presidente do Parlamento Foral de Navarra.[4][5][6][7]
Notas
Véxase tamén