Un capitaine de quinze ans é unha novela de Jules Verne publicada en 1878.
Sinopse
Dick Sand, é o protagonista desta historia, que comeza cando Dick se embarca coa Sra. Weldon, o fillo dela (chamado Jack) e o seu curmán Bénédict rumbo a Valparaíso no Pilgrim, o mellor barco do esposo da Sra. Weldon, James W. Weldon, ó mando do Capitán Hull.
Todo marcha ben, ata que Dick olla no mar un barco a piques de afundirse. De tódolos que viaxan nel, só se salvan cinco persoas de cor (Tom, o seu fillo Bartolome ("Bat"), Actéon, Austin e Hercule) e un can chamado Dingo.