Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Umbo.
O umbo, ou umbón, é o vértice, a parte máis antiga das valvas dos moluscosbivalvos, situado nas proximidades do ligamento (estrutura que une ambas as valvas).
Etimoloxía
Os termos umbo e umbón derivan do latínumbus, -onis, "a parte central prominente do escudo dos lexionarios".[1]
Características
O umbo é a parte máis elevada de cada valva da cuncha dun molusco bivalvo (tamén está presente nos univalvos). Normalmente contén o pico da valva, que é o punto máis antigo dela, e o seu grao de relevancia e a súa posición respecto á liña da charneira son ás veces útiles para distinguiren taxons de bivalvos.[2]
O umbo fórmase mentres o animal é xuvenil e o crecemento radial continúa posteriormente por esa área. O umbo sitúase por encima da liña da charneira. Nos bivalvos nos que os umbos non sobresaen, como é o caso dalgúns mexillóns, os umbos poden, aínda así, identificarse facilmente examinando as liñas de crecemento concéntricas da cuncha.[3][4]
O termo umbo tamén se usa nas descricións anatómicas dos braquiópodos como o lugar de orixe do crecemento das súas valvas.
Tipos de umbos
Os umbos poden estar situados de diversas maneiras, recibindo adxectivos particulares:[5][6]
Moitas veces os umbos están inclinados cara a adiante (umbos prosoxiros).
Moitas outras están disoistos cara a atrás (umbos opistoxiros).
Poden tamén estar dispostos verticalmente (umbos ortoxiros).
Ás veces poden, raramente, estar apenas afastados entre si, como no xéneroArca.
Tamén se denomina umbo o lugar onde se encontra a prodissoconcha, a cuncha rudimentaria ou embrionaria, na cal se inicia o desenvolvemento dun molusco bivalvo.[7]
Galería de imaxes
Valva esquerda dunha xuvenil Mercenaria campechiensis vista dorsalmente para amosar a lúnula de cor marrón á dereita, xunto ao umbo dirixido cara a adiante.
Vista lateral de toda a cuncha de Cucullaea labiata. Os umbos están na parte superior da imaxe.
Vista das valvas, separadas, de Cucullaea labiata, mostrando o umbo (parte superior).
Ilustración do molusco Arca tetragona, mostrando a distancia entre os seus umbos (abaixo).
Na parte superior, o umbo de Mytilus edulis, lixeiramnre xirado á dereita.
Notas
↑Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2 (I-Z). Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.