Ubaldo González González, nado en Entrimo, foi un político galego.
Traxectoria
Durante a II República foi alcalde de Entrimo. En novembro de 1934 foi suspendido do cargo e multado con 1000 pesetas por asistir a unha comida na honra a un detido.[1] Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto no cargo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu á aldea de Ribeiro na freguesía de Castro Laboreiro cunha ducia de seguidores, entre eles o seu irmán Ricardo, para eludir a orde de detención que por negarse á recoñecer á autoridade militar cando lle foi comunicado o bando de declaración do estado de guerra[2]. Ao pouco tempo marchou para Francia. Foi xulgado en Ourense por desobediencia e declarado en rebeldía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. p. 59, 256-266. ISBN 978-84-608-9994-5.