US Montauban

US Montauban
NomeUnion Sportive Montalbanaise
Fundación1905
SedeMontauban, Francia Francia
Estadio(s)Stade Sapiac
Capacidade11.500 espectadores espectadores
PresidentePatrick Bardot
AdestradorSébastien Calvet
Marc Raynaud
Liga(s)Top 14
2008-09
Casa
Fóra
Na rede
http://www.mtgxv.com/
Facebook: USMsapiac Twitter: UsmSapiacRugby Instagram: usm_sapiac Editar o valor en Wikidata

O US Montauban é un equipo de rugby francés da localidade de Montauban, no departamento de Tarn-et-Garonne (Mediodía-Pireneos), que actualmente compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés, logo de ascender dende a Rugby Pro D2 (Segunda División do rugby en Francia) na tempada 2006-07.

Histora

O club foi fundado en 1905. Acadou o seu primiro título da Liga francesa de rugby en 1967, gañando na final disputada en Bordeos ao CA Bègles por 11 a 3.

No seu primeiro partido na tempada 2006-07 do Top 14, derrotaron ao Narbonne por 41-20, gañando cinco puntos (incluíndo un punto de bonus) poñéndose segundo na táboa ao final da 1ª xornada. O Montauban finalizou a liga no sétimo lugar, unha posición moi respectable para un equipo ascendido. A tempada 2007-08 foi un ano de consolidación, no que remataron tamén no sétimo posto. Coma o Toulouse chegou ata a final da Heineken Cup (máis lonxe que calquera equipo da Guinnes Premiership ou do Super 10 italiano) o Montauban conseguiu un posto na Heineken Cup da tempada 2008-09, onde se viron encadrados do grupo do campión da tempada anterior, o Munster Rugby.

Palmarés

Resultados finais

Liga francesa

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
28 de maio 1967 US Montauban CA Bègles 11-3 Parc Lescure, Bordeos 32.115

Notas

  • USM Rugby - 100 photos pour un centenaire, 2003

Ligazóns