U.S. Marshals é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Stuart Baird. O argumento foi concibido a partir dunha historia escrita por Roy Huggins e John Pogue. É un spin-off do filme de 1993 O fuxitivo, que á súa vez está baseado na serie homónima creada por Huggins. Está protagonizado por Robert Downey Jr., Joe Pantoliano, Daniel Roebuck, Tom Wood e LaTanya Richardson. O filme foi unha coprodución entre Warner Bros. Pictures e Kopelson Entertainment. A banda sonora foi composta por Jerry Goldsmith.
U.S. Marshals estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 6 de marzo de 1998, recadando 57 millóns de dólares no mercado doméstico. O filme conseguiu 45 millóns de dólares internacionalmente, sumando en total 102 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 4 de agosto de 2014 a través da TVG.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas