Tyson Cleotis Chandler, nado o 2 de outubro de 1982 en Hanford (California), é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria
Instituto
Chandler foi ao Instituto Dominguez High School dos Ánxeles, onde foi elixido no equipo McDonald's All America, que selecciona os mellores xogadores de instituto do país. Antes de dar o paso directamente á NBA, sen pasar pola universidade, gañou o título estatal de California co seu equipo.
Profesional
Foi elixido na segunda posición do Draft da NBA de 2001 por Los Angeles Clippers, club que inmediatamente traspasou os seus dereitos aos Chicago Bulls a cambio do Rookie do Ano Elton Brand. A súa traxectoria en Chicago non foi todo o brillante que se esperaba. Problemas de lesións nas costas, unido a un problema de faltas persoais en xogo, fixeron que non se convertese nun xogador determinante. Destacou sobre todo en defensa co seu poder de intimidación e a súa achega no rebote, feito este último que se viu con máis claridade na tempada 2006−07, cando foi traspasado a New Orleans Hornets a cambio de J.R. Smith e P.J. Brown, converténdose no máximo reboteador ofensivo da liga, con 320 capturas (4,4 por partido).
O 27 de xullo de 2009 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio de Emeka Okafor.[1] Tras unha tempada discreta no equipo de Carolina do Norte, o 13 de xullo de 2010, é traspasado aos Dallas Mavericks xunto con Alexis Ajinça a cambio de Matt Carroll, Erick Dampier e Eduardo Nájera. No equipo texano gaña o campionato da NBA, aínda que a seguinte temporada muda de equipo ao asinar cos New York Knicks. Alí foi elixido Xogador Defensivo do Ano, sendo o primeiro xogador do equipo neoiorquino que logra esta distinción. Tras tres temporadas cos Knicks, o 25 de xuño de 2014 volve, xunto ao base Raymond Felton, aos Mavericks, que a cambio ofreceron a Shane Larkin, Wayne Ellington, José Calderón, Samuel Dalembert e dúas seleccións de segunda rolda no Draft da NBA de 2014.[2] O movemento reuniu a Chandler co seu compañeiro de equipo Dirk Nowitzki e co adestrador Rick Carlisle, os cales xunto a Chandler formaron parte do campionato dos Dallas Mavericks na tempada 2010-11 da NBA. Tras acabar o ano en Dallas, en xullo de 2015 firma como axente libre por Phoenix Suns por un total de catro tempadas e máis de 50 millóns de dólares.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|