O nome latino Tursiops deriva do grego antigo θύρσος týrsos, "tirso", o báculo enramado que levaba o deus Baco e as bacantes que participaban no seu culto, e o elemento do latín científico-ops, que deriva do grego ώψ óps, "vista", "aparencia", e que quizais fose o nome dunha especie de golfiño,[2] ou talvez do feito que os arroaces se denominen en inglés bottlenose dolphins, é dicir, "golfiños con fociño de botella".
Taxonomía
Durante moito tempo os científicos pensaron que o xénero Tursiops era monoespecífico, coa única especie Tursiops truncatus, aínda que moitos pensaban en que podería haber máis dunha.
Desde que en 1998 Rice recoñeceu como válida a especie Tursiops aduncus (que fora descrita por Ehrenberg en 1833) houbo un crecente consenso de que o xénero estaba formado por estas dúas especies.[1]
Pero recentes estudos de xenética molecular permitiron un mellor coñecemento deste problema, anteriormente insuperábel, e unha terceira especie, Tursiops australis foi descrita en 2011.[3]
Polo tanto, na actualidade están recoñecidas tres especies dentro do xénero: