O Tupolev Tu-114 Rossiya (ruso: Tyполев Тy-114 Poccия; designación OTAN Cleat) é un gran avión turbohélice de pasaxeiros de longo alcance deseñado por Tupolev e construído na Unión Soviética a partir de maio de 1955.[1] O aparello foi o avión de pasaxeiros máis grande e rápido da época, e tamén tiña o maior alcance, con 10 900 km. Ostenta o título oficial de avión de hélice máis rápido dende 1960.[2][3]
Grazas á súa á en frecha e ao deseño dos seus motores, o Tu-114 era capaz de voar a velocidades típicas de reactores modernos, acadando unha velocidade máxima duns 880 km/h. Aínda que era capaz de acomodar a 224 pasaxeiros, a configuración máis común con Aeroflot era a de 170 pasaxeiros con camas e un comedor.
O Tu-114 trannsportou a máis de 6 millóns de pasaxeiros antes de ser substituído polo reactor Ilyushin Il-62. Fabricáronse un total de 32 unidades na factoría de Kuibyshev (Nº 18).
Notas