O Trofeo Jari Kurri (en finésJari Kurri -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e recoñece o mellor xogador durante os play-offs. O gañador é elixido pola Jääkiekon SM-liiga Oy. É similar ao Trofeo Lasse Oksanen, entregado pola liga cada ano ao mellor xogador da liga regular, e ao Kultainen kypärä (en galegocasco dourado) entregado pola Asociación de Xogadores ao mellor xogador da SM-liiga.[1] Recibe o seu nome en honor do ex xogador de Jokerit e varios equipos da National Hockey League (NHL) Jari Kurri.
O Trofeo Jari Kurri entregouse por primeira vez na tempada 1993-94, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi Ari Sulander, do Jokerit de Helsinqui, que se proclamou campión finés ese mesmo ano por terceira vez na súa historia.[1][5] Tan só Niklas Bäckström gañou o trofeo en máis dunha ocasión, conseguíndoo dúas veces de xeito consecutivo xogando no Kärpät de Oulu en 2004 e 2005.[6] En 2001Jussi Tarvainen converteuse no único xogador que gañou o trofeo sen pertencer ao equipo que se proclamou campión finés.[7][8]
En 1997Otakar Janecký converteuse no primeiro xogador non nado en Finlandia en recibir o trofeo, e tiveron que pasar nove tempadas ata que na tempada 2005-06 outro xogador non nado en Finlandia, Miika Wiikman, nado en Suecia e con dobre nacionalidade sueca e finesa, recibise o trofeo.[9]
En 2007 o trofeo foi entregado por primeira vez na súa historia logo do partido decisivo da final.[10] Na tempada 2008-09 produciuse un feito estraño, xa que foi a primeira e única vez ata o momento na que dous xogadores recibiron o recoñecemento, xogando ademais ambos na mesma posición e no mesmo equipo, porteiros do JYPJyväskylä, que se proclamou campión esa tempada por primeira vez na súa historia.[11][12]
O trofeo non foi entregado por primeira vez na súa historia debido a que na tempada 2019-20 non se disputaron os play-offs pola suspensión da Liga por mor da pandemia por coronavirus.[13]
Gañadores
Un total de 27 xogadores diferentes recibiron o Trofeo Jari Kurri dende que este se introduciu na tempada 1993-94:
Kärpät é o equipo cuxos xogadores gañaron máis veces o trofeo, cun total de seis xogadores distintos galardoados para un total de sete trofeos para o equipo de Oulu. Xogadores doutros sete equipos gañaron o Trofeo Jari Kurri: