Transversalización de xénero,[1] Mainstreaming ou Enfoque Integrado de Xénero[2][3] é un concepto de política pública que consiste en avaliar as diferentes implicacións de calquera acción política sobre as mulleres e os homes, o que inclúe a lexislación e programas de calquera área ou ámbito. A transversalización ofrece unha abordaxe pluralista que valora a diversidade entre os homes e as mulleres. O concepto de transversalización de xénero foi inicialmente proposto durante a Terceira conferencia mundial sobre mulleres en Nairobi, Kenya. A idea foi impulsada pola comunidade de desenvolvemento da Organización das Nacións Unidas e foi formalmente definida en 1995, na Cuarta Conferencia Mundial sobre Mulleres en Beijing, China. Esta idea tamén foi citada no documento que resultou da conferencia, a chamada "Plataforma de Acción de Beijing".
Notas