A Illa Trangan (indonesio: Pulau Trangan) é unha illa de Indonesia[1] pertencente ao grupo das illas Aru, no mar de Arafura. Administrativamente pertence á provincia de Molucas, Indonesia.
Características
A súa superficie é de 2.149 km² e, por extensión, é a 197ª illa maior do mundo.
É a illa principal do grupo e a situada máis ao sur. As outras illas principais do arquipélago Aru son Tanahbesar (tamén chamado Wokam), Kobroor, Kola, Koba e Maikoor. O estreito chamado Maikoor River separa a illa de Trangan, polo seu lado norte, das illas de Maikoor e Koba.
Notas
Véxase tamén