Tragus é un xénero de plantas herbáceas pertencente á familia das poáceas (Poaceae) establecido por Halle.[1] É orixinario de África, pero foi introducido en zonas subtropicais e tropicais de todo o mundo, onde medran como plantas ventureiras.
As plantas son monoicas, estoloníferas, e anuais ou perennes, dependendo das especies.
O caule é ascendente ou forma matas baixas; é glabro e de sección circular.
As follas son planas ou dobradas, e lineares; as lígulas son membranosas e tricomatosas.
As flores reúnense en panículas. Cada flor ten 3 estames, coas anteras de cor amarela pálida.
As cariópsides (graos) son elípticas e de cor dourada escura.[2]
Citoloxía
Número da base do cromosoma, x = 10. 2n = 20 e 40. 2 e 4 ploide.[1]
Especies
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Watson L, Dallwitz MJ. (2008). "The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references". The Grass Genera of the World. Consultado o 09-09-2011.
- ↑ "RLEM 610 grass taxonomy tragus". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 09 de setembro de 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas