Para outras páxinas con tÃtulos homónimos véxase:
Tráfico.
O tráfico dun sitio web, ou análise web (en inglés Web analytic) é un conxunto de técnicas relacionadas coa análise de datos relativos ao tráfico nun sitio web co obxectivo de entender o seu tráfico como punto de partida para optimizar diversos aspectos do mesmo.
Existen dúas categorÃas de análise web: off-site e on-site.
As análises web off-site fan referencia a medicións web e análises independentes de se se é o dono do sitio web ou se lle dá mantemento. Isto comprende a medición da audiencia potencial (oportunidade), participación de voz (visibilidade) e zunidos (comentarios) sobre o que está pasando en Internet como un todo.
As análises web on-site miden a rota dun visitante unha vez que ingresa a un sitio de Internet de propiedade da persoa que realiza a análise. Isto inclúe conversións; por exemplo que páxinas de chegada alentan ás persoas a facer unha compra. As medicións do tráfico dun sitio web on-site comparan indicadores de desempeño clave e o usan para mellorar un sitio web ou a resposta da audiencia fronte a unha campaña de mercadeo.
Historicamente, a análise web fixo referencia á medición de visitantes on-site. Porén, en anos recentes produciuse a converxencia de ambos os aspectos, principalmente debido a que os vendedores están producindo ferramentas que abarquen ambas as categorÃas.
Véxase tamén
Outros artigos