O Tour du Limousin é unha carreira ciclista profesional por etapas que se celebra na rexión de Lemosín, no centro de Francia, no mes de agosto.
Dispútase desde 1968, pero só dende 1974 é para ciclistas profesionais. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI, en 2005, forma parte do UCI Europe Tour, dentro da categoría 2.1 (anteriormente foi 2.3). En 2011 ascendeu á categoría 2.HC (máxima categoría destes circuítos).
Ten un formato de catro etapas e sempre comenza e remata na capital rexional, Limoges.
É unha proba dominada polos ciclistas franceses.
Véxase tamén
Ligazóns externas