Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Tortilla.
A tortilla de patacas é un prato cociñado, composto basicamente por ovo e pataca, e que adoita levar cebola e sal. Este prato pode combinar con carne, chourizo ou distintos vexetais. Ten un aspecto plano e circular, porque se fai na tixola.
As patacas frítense en aceite ata que están practicamente feitas, e logo mestúranse co ovo batido. A masa resultante bótase de novo na tixola e frítese, máis ou menos dependendo do gusto de cadaquén.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía