A Torre de Cantón (chinés: 广州塔),[1] antigamente coñecida como Torre de televisión de Cantón (chinés: 广州电视台天文及观光塔) e tamén como Torre Guangzhou (chinés: 广州塔), é un edificio de 600m de altitude, localizado no Distrito de Haizhu en Cantón.[2][3] A torre acadou o tope en 2009 e inaugurouse o 29 de setembro de 2010 para os "Xogos de Asia de 2010".[4] A torre foi brevemente o edificio máis alto do mundo, substituíndo á Torre CN, antes de ser superada pola Tokyo Skytree no 2011.[5] Tamén foi o edificio máis alto da China antes de ser superado pola Shanghai Tower o 3 de agosto de 2013. Na actualidade é a quinta estrutura máis alta do mundo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas