Top Gun é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Tony Scott e producido por Don Simpson e Jerry Bruckheimer, en asociación con Paramount Pictures. O guión foi escrito por Jim Cash e Jack Epps Jr., e foi inspirado por un artigo titulado "Top Guns", publicado na revista California tres anos antes. Está protagonizado por Tom Cruise, Kelly McGillis, Val Kilmer, Anthony Edwards e Tom Skerritt.
En 2015, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos escolleuno para a súa preservación no National Film Registry por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[1] Unha secuela, titulada Top Gun: Maverick estaba prevista para a súa estrea o 26 de xuño de 2020, mais foi posposto para o 23 de decembro de 2020,[2] e despois ao 19 de novembro de 2021 por mor da pandemia de COVID-19.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas