Anthony Frank "Tony" Settember nado en Manila (Filipinas) o 10 de xullo de 1926 e finado en Reno (Nevada) o 4 de maio de 2014, foi un piloto e enxeñeiro estadounidense..[1]
Traxectoria
Participou en sete Grandes Premios do Mundial de Fórmula 1, debutando o 21 de xullo de 1962. Non logrou puntos de campionato. Settember era o xefe nominal do equipo de carreiras Scirocco e un piloto moi eficiente no deporte do motor.
A súa última participación coñecida no automobilismo foi no seu 70 aniversario.[2] Settember morreu despois dunha pequena enfermidade nun hospital en Nevada.[3]
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas