Todus multicolor é unha especie de ave coraciforme da familia Todidae endémica de Cuba.[1] É unha das especies máis preciosas da avifauna cubana. Non se coñecen subespecies.[2]
Distribución
É unha ave común en toda Cuba, que vive en bosques con barrancos.
Niño
Nidifican entre abril e xullo. Cavan os seus niños en barrancos terrosos, a pouca altura das súas bases, con profundidades duns 25 cm. Tamén poden escavalos en toros podrecidos ou en cavidades naturais na pedra. En zonas costeiras areosas tamén poden escavar o seu niño na entrada de covas de cangrexos. Pon 3 ou 4 ovos de cor branca, de 15,5 mm de longo e 13,5 mm de ancho. Cando saen ou entran do niño fano de xeito súbito.
Notas