Escena nunha vasilla dunha ménade sostendo un tirso
Vara de tirso
Un tirso é un bastón de canafrecha (Ferula communis ), forrado de vide ou hedra (e ás veces de lazos) e rematado por unha piña de piñeiro . Trátase dun símbolo fálico que representa a forza vital asociada polo xeral co deus grego Dioniso (no panteón romano , Baco ).[ 1] Crese que a súa orixe está no antigo Exipto e en Fenicia . O pobo tracio asimilouno na Antigüidade e despois pasou a todo o mundo helenístico .[ 1]
O tirso relaciónase tamén coa vara máxica dos conxuros e cos símbolos axiales verticais, que representan o eixo do mundo ou teñen relación analóxica con el.
Ver tamén
Notas
Ligazóns externas