Inicialmente a cidade era un pequeno posto de comercio Púnico.
Colonia romana
Conquistada por Antiga Roma, convertéuse nunha colonia militar polo emperadorClaudio para a conquista dos reinos da Mauritania.[1] Despois converteuse nun municipium chamado Colonia Aelia Augusta Tipasensium, que alcanzou unha poboación de 20.000 habitantes no século IV segundo o historiador Gsell.[2]
A cidade romana construíuse sobre tres pequenos outeiros que dominaban o mar, case 20 km. ao leste de Caesarea (capital da Mauretania Caesariensis). Das casas, a maior parte das cales estaban no outeiro central, non quedan restos; pero quedan ruínas de tres igrexas, a Gran Basílica e a Basílica de Alexandre no outeiro occidental e a Basílica de Santa Salsa no outeiro oriental, dous cemiterios, os baños, o teatro, o anfiteatro e o nymphaeum. A liña das murallas pódese distinguir claramente e ao pé do cerro oriental os restos do antigo porto.
As basílicas están rodeadas de cemiterios, que están cheos de ataúdes de pedra e cubertos de mosaicos. A basílica de San Salsa, que foi escavada por Stéphane Gsell, consta dunha nave e dous corredores e aínda contén un mosaico. A Gran Basílica serviu durante séculos como canteira, pero aínda se pode facer o plano do edificio, que estaba dividido en sete corredores. Baixo os cimentos da igrexa atópanse tumbas cortadas na rocha sólida. Destas, unha é circular, cun diámetro de 18 m. e espazo para 24 cadaleitos.
Baixo o dominio romano a cidade adquiriu maior importancia comercial e militar debido ao seu porto e á súa posición central no sistema de estradas costeiras romanas no norte de África. Construíuse un muro de aproximadamente 2.300 metros ao redor da cidade para a defensa contra as tribos nómades, e construíronse os edificios públicos e os barrios de casas romanos dentro do recinto. Tipasa converteuse nun importante centro do cristianismo no século III. A primeira inscrición cristiá en Tipasa data do 238 e a cidade viu a construción dun gran número de edificios relixiosos cristiáns nos séculos III, IV e posteriores ..... Sobre o 372 Tipasa resistiu un asalto de Firmus, o líder dunha rebelión Berber que invadira as cidades próximas de Caesarea (a moderna Cherchell) e Icosium (a moderna Alxer). Tipasa entón serviu de base para a contra-campaña romana. Con todo, as fortificacións de Tipasa non impediron que a cidade fora conquistada polos vándalos preto do 429, poñendo fin á prosperidade que a cidade gozara durante o período romano. No 484, durante a persecución da igrexa católica polo rei vándalo Hunérico, o bispo católico de Tipasa foi expulsado e substituído por un bispo arianos que incitou a moitos habitantes da cidade a fuxir a España. Nas décadas posteriores a cidade caeu en ruínas. Enc. Brit.[3]
Tipasa comercialmente tiña considerable importancia, pero non se distinguiu na arte ou na aprendizaxe. O cristianismo iniciouse pronto, e no século III, Tipasa foi unha sé episcopal, inscrita na lista de ses titulares da Igrexa católica.[4]
A maioría dos habitantes continuaron sendo non-cristiáns ata que, segundo a lenda, Salsa, unha doncela cristiá, botou a cabeza do seu ídolo serpe ao mar, polo que o pobo enfurecido apedreuna ata matala. O corpo, milagrosamente recuperado do mar, enterrouse, nun outeiro sobre o porto, nunha pequena capela que posteriormente deu lugar a unha maxestosa basílica. O martirio de Salsa tivo lugar no século IV. no 484, o rei vandaloHunerico (477-484) enviou un bispo ariano a Tipasa, logo de que un gran número de habitantes fuxiran a España, mentres que moitos dos restantes foron cruelmente perseguidos.[5]
Decadencia
Tipasa foi parcialmente destruída polos vándalos no 430, pero foi reconstruída polos bizantinos un século máis tarde. Tipasa resucitou por un breve tempo durante a ocupación bizantina no século VI pero recibiu o nome árabe de Tefassed, cando os árabes chegaron alí. O termo traducido significa "moi danado".[6]
No terceiro século o cristianismo foi adorado por todos os bérberes romanizados e os colonos romanos de Tipasa. Deste período vén o epitafio cristián máis antigo da África romana datado o 17 de outubro de 237 d.C.[7] En Tipasa construíronse as principais basílicas da actual Alxeria: a basílica de Alexandre e a basílica de Santa Salsa.
A finais do século VII a cidade foi destruída polos árabes e reducida a ruínas.[8]
Cidade moderna
En 1857 a área foi novamente habitada, coa creación da cidade de Tipaza que agora ten preto de 30.000 habitantes. A cidade e os seus arredores albergan o maior grupo de falantes bérberes de Alxeria occidental, o pobo Chenoua.