Tinariwen (en tamasheq: ⵜⵏⵔⵓⵏ, con vocais ⵜⵉⵏⴰⵔⵉⵓⴻⵏ, pronunciado tinariwen "desertos", plural de ténéré "deserto"[1]) é un grupo musical tuareg procedente da rexión do deserto do Sáhara ó norte de Malí. A banda foi creada en 1979[2] en Tamanrasset, Alxeria, pero regresou a Malí despois do cesamento da violencia da década de 1990.[3] O grupo comezou a ser coñecido fóra da rexión do Sáhara despois do lanzamento de The Radio Tisdas Sessions, e coas actuacións no Festival au Désert de Malí[4] e no Festival de Roskilde en Dinamarca.[5] A súa popularidade fíxose internacional co lanzamento do seu traballo Aman Iman en 2007, que foi aclamado pola crítica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas