Tic Tac Producciones é unha produtora galega independente fundada o ano 2006 por Fernanda del Nido. O seu principal obxectivo é desenvolver e producir longametraxes de ficción e documentais, especialmente mediante coproducións entre Latinoamérica e Europa.
Entre as súas produción destacan 18 comidas (2010), dirixida por Jorge Coira e coproducida por Lagarto Cine (Arxentina) e ZircoZine (Galicia), e Tralas luces (2011), documental dirixido por Sandra Sánchez e coproducida por Ukbar Filmes (Portugal) e Lagarto Cine, que acadou os premios á mellor longametraxe documental, á mellor dirección e á mellor montaxe na 10ª edición dos Premios Mestre Mateo 2011.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas