Thomas Henry "Tom" Marshburn, nado en Statesville, Carolina do Norte, o 29 de agosto de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-127 e Soiuz TMA-07M e foi membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Marshburn graduouse en física pola facultade Davidson en 1982 e é máster en enxeñaría física pola Universidade de Virxinia en 1984. Ten un doutoramento en medicina pola Universidade Wake Forest 1989 e é máster en ciencias médicas pola Rama Médica da Universidade de Texas en 1997.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 2004, participando nas misións STS-127 e Soiuz TMA-07M e sendo membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 161,29 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos