This Is Not the World é o álbum de estudio da banda inglesa de post-punk revival The Futureheads, publicado o 26 de maio de 2008[1] a través do seu propio selo, Nul Records. As razóns para crear unha discográfica propia foron por unha parte as baixas vendas dos seu anterior álbum, News and Tributes, que fixeron que fosen despedidos de 679 Recordings, e pola outra a decisión da banda de ter máis independencia.[2][3]
Previamente The Futureheads editara tres sinxelos do álbum. O primeiro foi "Broke Up the Time", publicado en novembro de 2007 como unha descarga gratuta a través da páxina oficial da banda e do seu MySpace. O segundo foi "The Beginning of the Twist", aparecido como vídeo sinxelo 1 de febreiro de 2008 e despois editado oficialmente o 10 de marzo.[4] O terceiro foi "Radio Heart", lanzado para promocionar o álbum unha semana antes da aparición do disco.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por The Futureheads.
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"The Beginning of the Twist" | |
3:36 |
2. |
"Walking Backwards" | |
3:53 |
3. |
"Think Tonight" | |
3:29 |
4. |
"Radio Heart" | |
3:02 |
5. |
"This Is Not the World" | |
3:34 |
6. |
"Sale of the Century" | |
3:23 |
7. |
"Hard to Bear" | |
3:07 |
8. |
"Work Is Never Done" | |
3:20 |
9. |
"Broke Up the Time" | |
3:14 |
10. |
"Everything's Changing Today" | |
3:06 |
11. |
"Sleet" | |
3:08 |
12. |
"See What You Want" | |
2:42 |
Notas