Thiago Pinto Borges, nado en São Paulo o 22 de outubro de 1986, é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Trelleborgs FF.
Traxectoria
Formado na canteira do Esbjerg fB e procedente do EC Bahia brasileiro, xogou no club dinamarqués entre 2006 e 2009, participando en 19 partidos e anotando un gol. Na tempada 2009–10 foi contratado polo IF Skjold Birkerød, equipo do segundo nivel dinamarqués.
En 2010 fichou polo NK Mosor da 2. HNL de Croacia. Na tempada 2011-12 fichou polo Trelleborgs FF da Allsvenskan de Suecia, club que acabou na 15º posición e descendeu a Superettan.
Véxase tamén
Ligazóns externas