The Possession é un filme estadounidense de terror dirixido por Ole Bornedal, que se estreou no 2012.
Sinopse
O filme comeza cunha muller maior intentando abrir unha estraña caixa. Antes diso, pon música clásica e faise con auga bendita e un martelo. Antes de poder destruír a caixa, é violentamente lanzada por toda a habitación por unha forza invisible. Cando entra o seu fillo, este atópaa inconsciente no chan. Días despois, no xardín da súa casa, celébrase un mercado de barrio. A pequena Emily e o seu pai mercan "a caixa" e lévana á casa. A partir dese intre, comezan a ocorrer sucesos moi estraños: multitude de avelaíñas invaden a súa casa, a nena ten cada vez peor aspecto e reacciona con agresividade ante calquera cousa. O pai, sospeitando que a caixa está relacionada con estes feitos, visita a un rabino que lle di que a caixa contén un espírito demoníaco que consumirá á súa filla a menos que consigan devolvelo á caixa mediante un exorcismo.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas