The Patriot é un filme estadounidense dirixido por Roland Emmerich que se estreou no 2000.
Sinopse
Ano 1776, durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos contra a Inglaterra do Rei Xurxo III. En Carolina do Sur, o viúvo Benjamin Martin (Mel Gibson), heroico soldado en Francia e na India, renuncia a combater para coidar dos seus sete fillos. Pero a pacífica vida que leva a familia Martin vese interrompida cando a guerra a alcanza de cheo. Gabriel (Heath Ledger), o fillo máis vello de Benjamin, alístase no exército, pero o seu pai concentra todos os seus esforzos en sacar adiante á súa prole. Porén, os británicos, ó mando do cruel coronel Tavington (Jason Isaacs), chegan ata a mesma porta da súa casa poñendo en perigo a toda a familia.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2000: 3 nomeamentos ó Oscar: Mellor son, fotografía, banda sonora orixinal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas