The Monkey King, tamén coñecida como The Lost Empire, é unha miniserie estadounidense de 2001 producida por NBC e SciFi Channel. É unha adaptación da novela clásica do século XVI Viaxe ao Oeste. Está protagonizado por Bai Ling, Thomas Gibson, Russell Wong, Eddie Marsan e Randall Duk Kim. A miniserie foi dirixida por Peter MacDonald e escrita por David Henry Hwang.
Acollida
Robert Bianco de USA Today considerouna "parva e confusa."[1] Variety calificouna de "tediosa" e declarou que "todo o traballo técnico vese como a carcasa externa dunha noz baleira."[2]
As puntuacións da miniserie foron baixas, rexistrando unha das cualificacións máis baixas para unha miniserie en NBC. Os críticos dixeron que se debeu á sobresaturación da miniserie impulsada por efectos especiais.[3]
Estrea
O filme foi comercializado en DVD e videocasete. Tamén existe unha adaptación á novela da miniserie, escrita por Kathryn Wesley, e comercializada co título The Monkey King.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas