The Mercury Program é un grupo musical estadounidense, composto por Dave Lebleu (batería), Sander Travisano (baixo), Tom Reno (guitarra), e Whit Travisano (vibráfono e piano).
Traxectoria
O grupo naceu en Gainesville (FL) como un trío en agosto de 1997, uníndoselles Whit Travisano a finais de 1999. Se ben os seus dous primeiros discos incluían temas cantados, desde o lanzamento do EP All the Suits Began to Fall Off fan música instrumental. O seu estilo é unha amálgama, sendo categorizados como post-rock.
Dado que os seus membros viven en diferentes lugares, a banda decidiu tomar un descanso tralo lanzamento de Confines of Heat en 2003. En outubro de 2006 regresaron coa gravación xunto a Andy Baker en Athens (GA) de Chez Viking, se ben o álbum non saíu á venda até novembro de 2009.
Discografía
- Lights Out In Georgia 7" (7", Boxcar, 1997)
- Split 7" with Versailles (7", Boxcar, 1998)
- The Mercury Program (Boxcar, 1999)
- From The Vapor of Gasoline (Tiger Style, 2000)
- All the Suits Began to Fall Off (EP, Boxcar, 2001)
- A Data Learn the Language (Tiger Style, 2002)
- Confines of Heat (EP, Kindercore, 2003; lanzado no 2006 cun DVD xunto a Maserati)
- Chez Viking (Lovitt Records, 2009)
presenza en recompilatorios
- Back to Donut CD Comp (No Idea, 1998, compilación)
Véxase tamén
Ligazóns externas