The Maze Runner é un filme de ficción científica e de acción e misterio estadounidense baseado nun libro de 2009 do mesmo nome obra de James Dashner. Dirixido por Wes Ball e guión de Noah Oppenheim, o filme está protagonizado por Dylan O'Brien, Thomas Sangster, Kaya Scodelario, Will Poulter, Aml Ameen, Ki Hong Lee, e Blake Cooper.[3] Nos Estados Unidos e España a estra foi o 19 de setembro de 2014, aínda que noutros países, coma en Portugal, a estrea foi un día antes, o 18 de setembro de 2014.[4]
Sinopse
Thomas acorda dentro dun escuro elevador en movemento, sen que lembre nin o seu nome. A súa memoria está completamente apagada. Mais non está só; cando a caixa metálica chega ao seu destino e as portas se abren, Thomas vese arrodeado por outros mozos que o acollen e lle presentan a Clareira, un espazo aberto cercado por muros xigantescos de formigón. Coma Thomas, ningún deles sabe como foi parar alí, nin por que. Só saben que todas as mañás as portas do labirinto que os cerca se abren, e, á noite, se fechan. E que a cada trinta días o elevador sobe un novo rapaz. Aos dous días, Thomas lembra o seu nome. Porén, un feito altera de xeito radical a rutina do lugar - chega unha moza, a primeira enviada á Clareira, e aínda máis sorprende a mensaxe que trae consigo. Thomas será máis importante do que imaxina, mais para iso terá de descubrir os sombríos segredos gardados na súa mente e correr, correr moito polo labirinto para atoparen a saída.
A filmación ocorreu en Baton Rouge, Luisiana. Comezou o 13 de maio de 2013, e terminou oficialmente o 12 de xullo de 2013.
Posprodución
O filme foi orixinalmente programado para ser lanzado o 14 de febreiro de 2014[5], mais o 5 de outubro de 2013, anunciouse que se atrasaría para o 19 de setembro de 2014.[6]
Mercadotecnia
En xullo de 2013 foron lanzadas once cartas dos personaxes do filme. A partir de xaneiro de 2014, o director Wes Ball comezou a publicar unha imaxe do filme cada semana, até presentar o tráiler o 17 de marzo de 2014.[7]
Unha campaña de mercadotecnia viral comezou o 16 de abril de 2014 no site da WCKD chamado wckdisgood.com
O 26 de xuño de 2014, Dylan O'Brien twittou que o libro orixinal The Maze Runner será relanzado cunha nova capa, baseado no cartel do filme.
Acollida
Despacho de billetes
O 21 de setembro de 2014, The Maze Runner recaudara 32.500.000 de dólares nos Estados Unidos e 49.000.000 no resto do mundo, cun total de 81.500.000 de $.
Crítica
The Maze Runner recibiu críticas en xersal positivas, con eloxios ás actuacións do elenco, a trama intrigante, bos efectos visuais, e o ton escuro do filme.[8][9]
Secuela
O 11 de outubro de 2013, foi relatado que a Fox adquiriu os dereitos para o segundo libro, The Scorch Trials. O guión será escrito por T.S. Nowlin, con supervisión de guión do director Wes Ball.[10]