The Lion King 1½ (tamén coñecido internacionalmente The Lion King 3: Hakuna Matata) é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Bradley Raymond. Estreouse directamente en vídeo o 10 de febreiro de 2004 e foi producido pola rama australiana de DisneyToon Studios. É o terceiro e derradeiro título da triloxía Lion King, e baséase na serie de televisión The Lion King's Timon & Pumbaa e serve como unha historia de orixe para o dúo Timon e Pumbaa e os eventos de The Lion King (1994). A maioría do elenco orixinal retomou os seus papeis orixinais do filme, incluíndo a Nathan Lane e Ernie Sabella como as voces de Timon e Pumbaa. A trama do filme está inspirado en Rosencrantz and Guildenstern Are Dead de Tom Stoppard, unha traxicomedia que conta a historia de Hamlet dende o punto de vista de dous personaxes menores. The Lion King 1½ recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica.
Notas
Filmes de animación de Disney estreados en vídeo |
---|
Secuelas e outras continuacións | |
---|
Filmes baseados en series de TV | |
---|
Series de TV pilotos e recompilatorios | |
---|
Historias orixinais | |
---|
Spin-offs | |
---|
Adaptacións | |
---|