The Legend of Zu (en chinés: 蜀山傳) é un filme de Hong Kong dirixido por Tsui Hark que se estreou no 2001.
Sinopse
Zu é unha antiga provincia onde o mundo infernal, o mundo das artes marciais e o mundo da luz se mesturan. É aquí onde as forzas do ben e do mal se enfrontarán nunha definitiva batalla. O Gran Mestre do Clan Omei guía ós seus discípulos, Lobo Azul e Falcón Vermello, para loitar contra Onyx e os seus perversos fieis. O mortal combate causa destrución e caos a grande escala. No fragor da liorta un erro de Falcón Vermello deixa que escape Onyx, quen corre a refuxiarse na Cova do Sangue, que tras anos pechada, volveu abrir nun monte preto de Zu. Entón ordénanlle a Falcón Vermello que vixíe o agocho e os movementos que poida facer Onyx mentres o Gran Mestre e o resto dos membros de Omei se reagrupan e preparan un plan para destruílo definitivamente. A única opción posible contra Onyx é unir o poder das espadas de Loba das Neves e Aguia Prateada nunha arriscada operación. Algo falla no proceso de unión e o espírito de Aguia Prateada queda encerrado na súa espada do Trono. A partir deste espírito, o gran Mestre prepara un novo home, Ying, ó que Lobo Azul e Loba das Neves, terán que preparar para intentar de novo a unión e vencer ás forzas do mal.
Personaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas