The Clan of the Cave Bear é un filme estadounidense dirixido por Michael Chapman que se estreou en 1986. Baséase na novela de Jean M. Auel O clan do oso das cavernas.
Sinopse
Ayla, unha nena Cro-Magnon de 5 anos, queda illada da súa tribo por mor dun tremor de terra e é acollida por un grupo Neanderthal. A diferenza dela, basean os seus razoamentos e comportamentos nas experiencias dos seus antergos. Ayla, que pertence a unha especie humana mentalmente máis desenvolvida, introduce na tribo adiantos e innovacións. Pero as súas cualidades provocan o rexeitamento dos Neanderthais, que acaban expulsándoa da tribo.
Personaxes
Produción
Foi filmado nas Rochosas canadenses e a banda sonora foi composta por Alan Silvestri. O filme foi tamén un dos primeiros onde aparece o oso actor Bart.
Galardóns e nomeamentos
Véxase tamén
Ligazóns externas