The Cave é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Bruce Hunt e distribuído por Screen Gems. Foi escrito por Michael Steinberg e Tegan West. Conta a historia dun grupo de científicos que quedan atrapados durante a exploración dun sistema de covas en Romanía e encontran un grupo de criaturas mortais. Está protagonizado por Cole Hauser, Eddie Cibrian, Morris Chestnut, Marcel Iureș, Lena Headey, Rick Ravanello, Piper Perabo e Daniel Dae Kim.
O filme foi producido por Lakeshore Entertainment e Cinerenta e estreouse o 26 de agosto de 2005. Recadou 6,1 millóns de dólares durante a primeira semana nos cinemas e conseguiu $un total de 33,3 millóns de dólares en todo o mundo, sobre un orzamento de 30 millóns de dólares.[2] Recibiu valoracións polo xeral negativas e unha puntuación do 12% en base a 111 votos en Rotten Tomatoes.[3]
Personaxes
Brian Steele interpreta as criaturas da cova.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas