The Beta Band é o primeiro álbum de estudio oficial da banda escocesa de folktrónica The Beta Band, publicado o 21 de xuño de 1999 a través do selo Regal Zonophone Records. Foi a continuación da súa aclamada recompilación dos seus tres primeiros EPs, titulada The Three E.P.'s (1998). A banda planeou orixinalmente gravar o álbum en catro continentes distintos, pero problemas financieiros reduciron os lugares de gravación; porén, o disco foi gravado en varios lugares. A banda efocou a creación das canciones de varios xeitos, ás veces formando cancións a partir de melodías individuais, ás veces reunindo outras liñas de música, entre outras formas.
O álbum baséase na natureza experimental dos seus EPs, e adoita a ser visto como un álbum particularmente intricado e experimental, con moitas influencias, efectos de son, instrumentación e estruturas de cancións distintas. Baseado máis no ritmo que os lanzamentos anteriores, os numerosos estilos e influencias diferentes incorporados en The Beta Band inclúen psicodelia, hip hop e blues. O vocalista Steve Mason describiu as súas letras no disco acertadas pero sen interese narrativo. A banda tamén gravou un disco extra de ambient con dúas longas composicións, pero decidiu non incluír o disco no lanzamento final.
Tras o seu lanzamento a banda fixo pública a súa pouca satisfacción co traballo, chamándoo "fodidamente horrible",[1] culpando en gran medida ás limitacións de tempo. Tras o seu lanzamento chegou ao número 18 da lista británica de álbums.[2] Os críticos foron favorables con respecto ao álbum, aínda que moitos atopárono particularmente desordeado e decepcionante despois dos EPs. Porén, en anos posteriores varios críticos dixeron que o disco estaba subestimado e loubaron as súas ambicións.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por The Beta Band.
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"The Beta Band Rap" |
4:41 |
2. |
"It's Not Too Beautiful" |
8:29 |
3. |
"Simple Boy" |
2:18 |
4. |
"Round the Bend" |
4:56 |
5. |
"Dance O'er the Border" |
5:33 |
6. |
"Brokenupadingdong" |
4:46 |
7. |
"Number 15" |
6:49 |
8. |
"Smiling" |
8:35 |
9. |
"The Hard One" |
10:06 |
10. |
"The Cow's Wrong" |
5:49 |
Notas