Teófanes III, nado en 1570[1] en Dimitsana e finado o 15 de decembro de 1644[1] en Constantinopla, foi patriarca da Igrexa ortodoxa de Xerusalén entre 1608 e 1644.
Traxectoria
Bautizado co nome de Karakallos,[1] era sobriño do patriarca de Xerusalén Sofronio IV. Foi enviado polo patriarca de Constantinopla Timoteu II entre 1619 e 1620 a Moscova, onde consagrou o 14 de xuño de 1619 a Feodor Nikitich Romanov como patriarca de Moscova.[2] Entre 1620 e 1621 estivo en Kíiv, onde coa consagración de Yov Boretskyi restaurou a metrópole ortodoxa de Kíiv,[2] desaparecida dende a unión da sé anterior á Igrexa católica na Unión de Brest.
Notas