Tesouro do Cadramón

Tesouro do Cadramón
Tipo 11 moedas romanas
Data Século III e século IV
Cultura Imperio Romano
Características
Materiais Bronce
Descuberta
Localización O Cadramó, O Valadouro, Lugo , Galicia Galicia
Conservación
Localización Museo Provincial de Lugo

O tesouro do Cadramón é un conxunto de 11 moedas romanas de bronce cuñadas nos séculos III e IV d.C., achado no Cadramón, O Valadouro.

Descuberta

Descoñécense as circunstancias deste achado monetario, á parte de que tivo lugar na parroquia de San Xurxo de Cadramón, no concello lugués do Valadouro, na Mariña Central.[1]

O investigador arqueólogo Felipe Arias apunta a posibilidade de que o doador das moedas ao Museo Provincial de Lugo, que as conserva, fose Ricardo López Pacho.[2][3][4]

Contido

A composición orixinal do conxunto non é coñecida; sábese unicamente que no museo lugués ingresaron entre os anos 1973 e 1979 once moedas romanas de bronce, emitidas a nome dos primeiros tetrarcas, entre 284 e 337 d.C.

A atribución dos 11 exemplares conservados é a seguinte:[1]

Emperador Período Exemplares
Diocleciano 284-305 d.C. 1
Maximiano 286-306 d.C. 1
Constancio I Cloro 293-306 d.C. 4
Galerio 305-311 d.C. 2
Maximino II Daia 305-313 d.C. 2
Constantino 306-337 d.C. 14

Notas

  1. 1,0 1,1 "Tesouriño do Cadramón (O Valadouro, Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 51.
  2. Arias Vilas, F. (1979).
  3. "B.3.- San Xurxo do Cadramón (Valadouro)". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 772.
  4. Alcorta Irastorza, E. (2016). "As, maravedí, real y peseta. Un paseo por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo". En XV Congreso Nacional de Numismática (Madrid, 28-30 octubre 2014). Páxina 133.. RCM-FNMT, Madrid. ISBN 978-84-89157-73-6

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos