O tesouro de Recouso é un conxunto de pezas de ourivaría do século II a. C. atopadas en 1921 no castro de Recouso por José Sánchez Costa, na parroquia de Marzoa (Oroso).[1]
Características
O tesouro foi atopado ao traballar a terra. Está formado por 16 arracadas de ouro penanulares decoradas con filigrana e/ou granulado, 10 cadeas ou anacos de cadeas (a maioría delas con terminais ornamentais), un terminal de cadea, sete anacos de aneis de suspensión, dous fragmentos probablemente pertencentes a unha peza de peche e catro tortas de fundición elaboradas cunha aliaxe de ouro e prata. As pezas contiñan no interior anacos de carbón e foron datadas con carbono-14 no século II antes da era actual.[2]
A maior parte do atopado estivo en mans de particulares ata 2002 cando foi levado ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Unha arracada está no Museo Provincial de Lugo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas