Tesouro de Eberswalde

Réplicas do tesouro de Eberswalde no Museum für Vor- und Frühgeschichte (Museo para a Prehistoria e a Historia temperá), en Berlín.

O tesouro de Eberswalde, en alemán: Eberswalder Goldschatz, Goldfund von Eberswalde, e ás veces Schätze von Eberswalde ou Eberswalder Schatze, en inglés: Eberswalde Hoard é un tesouro de 81 obxectos de ouro cun peso total de 2,59 kg. O maior conxunto prehistórico de obxectos de ouro xamais atopado en Alemaña, é considerado un dos achados máis importantes da Idade do Bronce de Europa Central.[1] Hoxe[cando?] atópase en Rusia,[Cómpre referencia] como parte do grupo de artefactos e obras de arte saqueados de Alemaña ao final da Segunda guerra mundial; segundo outras fontes, nunca estivo en Rusia.[2]

Descubrimento

O tesouro foi descuberto metro baixo a superficie do chan o 16 de maio de 1913, durante as escavacións dunha casa dentro dos terreos dunha fábrica de latón en Finow, Oberbarnim, preto de Eberswalde en Brandeburgo. O supervisor da fábrica alertou a Carl Schuchhardt, director do Departamento de Prehistoria dos Museos Reais de Berlín, quen levou o tesouro a esa colección.

Descrición

Exhibición do tesouro de Eberswalde.

O tesouro depositábase nun recipiente globular con tapa. Nel había oito cuncas de ouro, que contiñan outros 73 obxectos de ouro. As cuncas eran esveltas embarcacións forradas de ouro con abundante decoración ornamental. Outros artigos incluíron aneis para o pescozo, pulseiras e bobinas de brazo de 60 fíos. Ademais enredáronse en grupos 55 espirais dobres. Un lingote de ouro, unha peza de metal en forma de crisol e dúas pezas máis pequenas probabelmente representan a materia prima para a produción deste tipo de obxectos. O tesouro pertence a un estilo de ourivería semellante ao Tesouro de Villena.

Orixe e datación

Pensábase que este tesouro consistía na mercadoría dun comerciante. A investigación máis recente suxire que tiña importancia relixiosa.[3] O tesouro está datado no século IX a. C.[4]

Historia posterior

Despois do final da IIGM en 1945, o tesouro de Eberswalde desapareceu do museo de Berlín, xunto co chamado "Tesouro de Príamo". A sospeita de que o Exército Vermello podería ter eliminado ambos achados foi negada polos soviéticos durante décadas. Despois de que o presidente ruso Boris Eltsin admitise que "O tesouro de Príamo" estaba en mans rusas, as autoridades deixaron de negar explicitamente que tamén tiñan o tesouro. En 2004, un xornalista da revista alemá Der Spiegel localizouno nun almacén secreto dentro do Museo Pushkin de Moscova. Alemaña solicitou a devolución dos materiais e o problema provocou tensións entre os gobernos alemán e ruso.[2] As reproducións do tesouro están expostas no Museum für Vor- und Frühgeschichte de Berlín e no Stadt- und Kreismuseum de Eberswalde. A réplica de Eberswalde é do ourive local Eckhard Herrmann.[5]

Galería

Compárese un dos bolos de Eberswalde con outro dos contemporáneos cascos de Axtroki de Escoriatza (Guipúscoa), o casco de Leiro (Leiro, Galiza) e pezas do Tesouro de Villena (Alacant).


Notas

  1. Eller, Carmen (2007-03-30). "Erbeutetes Gold als heißes Eisen". Deutsche Allgemeine Zeitung. Consultado o 2013-11-05. 
  2. 2,0 2,1 Hawksley, Rupert (21 Jun 2013). "The Eberswalde Hoard: what exactly is it?". The Telegraph. Consultado o 2013-11-04. 
  3. Eluère, Christiane (Decembro de 1985). "Goldwork of the Iron Age in 'Barbarian' Europe" 18 (4): 150. doi:10.1007/BF03214697. 
  4. Hickley, Catherine (2008-09-10). "Gold Hoard, Trophy Art Stay in Russia as Ties With Germany Cool". Bloomberg. Consultado o 2013-11-04. 
  5. Märkische Oderzeitung, 24 de outubro de 2006

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carl Schuchhardt(1914): Der Goldfund vom Messingwerk bei Eberswald. Berlín.

Outros artigos