O tesouro da Avenida Rodríguez Mourelo é un conxunto de dezaseis moedas romanas de prata e de bronce de finais do século I d.C. e principios do século II, aparecido nesta avenida da cidade de Lugo.
Descuberta
O tesouro apareceu a finais de 1940 ou nos primeiros meses de 1941 durante as obras de rebaixe para a nivelación dun dos paseos da avenida de Rodríguez Mourelo, na parte suroeste da cidade, no exterior da muralla. Nesta zona atopárase xa anteriormente unha necrópole romana e realizáranse diversas intervencións arqueolóxicas.[1][2]
O conxunto estaba composto por 16 exemplares,[3] un de prata e quince de bronce de gran módulo, dos cales a metade estaba nun estado de conservación tan defectuoso que impediu a súa identificación.[1][2]
Contido
O tesouro foi entregado por Manuel Vázquez Seijas ao Museo Provincial de Lugo, que se encargou da súa custodia, segundo consta na ficha de rexistro do 27 de maio de 1941, co número 1.089. O propio Vázquez Seijas encargouse de facer un estudo preliminar,[4] no que describe as moedas identificadas por el como:[1][2]
A atribución das oito moedas identificadas é a seguinte:[1][2][5]
Pola súa banda, as oito moedas restantes, non identificadas por mor do seu mal estado de conservación son, polo seu metal, peso e diámetro: tres sestercios e cinco ases ou dupondios de bronce.[2][5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "A.3.- Avda. Rodríguez Mourelo". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 770.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Tesouriño da Avsa. Rodríguez Mourelo (Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001).
- ↑ Cavada Nieto, M. (2005). Páxina 50.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1941).
- ↑ 5,0 5,1 Cavada Nieto, M. (2005). Páxina 51.
Véxase tamén
Bibliografía
- Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9
- Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444
- Cavada Nieto, M. (2005). "Numismática romana en la provincia de Lugo". En Boletín do Museo Provincial de Lugo. XII, 1. Páxinas 41-70
- Vázquez Seijas, M. (1941). “Hallazgos romanos”. En Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo. I. Páxinas 19-21.
Outros artigos