O Tesoman jäähalli é unha pista de xeo situada na parte oriental do distrito de Tesomajärvi, na cidade de Tampere, Finlandia. A pista de xeo canta con dúas salas, a Tesoma 1 construída en 1989, e o Tesoma 2, construído en 1999.[1]
Con todo, o Tesoma 1, propiedade da cidade de Tampere, foi demolido, entre outros motivos, por problemas co sistema de refrixeración, e o tamaño insuficiente de estruturas e cargas. Posteriormente construíuse unha pista nova e máis grande, con capacidade para 1 500 persoas en lugar das 800 anteriores. O novo pavillón foi encargado a principios de agosto de 2017.[2]
Neste pavillón xoga os seus partidos como local o equipo feminino de hóckey sobre xeo de Ilves, así como o equipo de ringette de Ilves.[3]
Galería de imaxes
Notas