Teresa Meana Suárez, nada en Xixón en 1952, é unha activista feminista española, docente e filóloga especialista en linguaxe inclusiva e non sexista.
Traxectoria
Meana é licenciada en Filoloxía Románica e exerceu sempre como profesora de lingua castelá en ensino secundario en Oviedo e Valencia, onde vive dende hai 25 anos.[1] Milita no movemento feminista dende 1975.[2][3] Reuníase clandestinamente coas súas compañeiras na universidade e asistía a asembleas estudantís.[4] Dende os anos 80 dedícase especialmente a tratar o tema do sexismo na linguaxe, unha especialidade sobre a que impartiu numerosas conferencias e obradoiros por toda España.[5][6][7][8]
Notas