TeraStorm |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | TeraStorm |
---|
Director | Andrew Kaggia |
---|
Produtor | Andrew Kaggia Firul Maithya |
---|
Guión | Andrew Kaggia |
---|
Intérpretes | Ali Mwangola Arabron Nyyneque Melvin Alusa Mungai Kiroga Sara Muhoho Peter Mudamba |
---|
Estudio | Afrikana Digital |
---|
Estrea | 24 de novembro de 2022 |
---|
Duración | 88 minutos |
---|
Orixe | Kenya |
---|
Xénero | Ciencia ficción |
---|
Na rede |
---|
|
TeraStorm é un filme kenyano de 2022 dirixido, escrito e animado por Andrew Kaggia.[1] O filme animouse enteiramente utilizando Unreal Engine. Foi escollido como candidato de Kenya para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado. É o primeiro filme africano de animación en ser proposto a competir neste premio.[3][4]
Sinopse
Ambientado nun Nairobi ficticio, un grupo de supeheroes africanos une forzas para tentar deter un mago da antigüidade que ameaza con destruír a Terra co seu poder e un misterioso artefacto.[5]
Personaxes
- Ali Mwangola como Victor
- Arabron Nyyneque como Eli-Ra
- Melvin Alusa como Ammadu
- Mungai Kiroga como Adrian
- Sara Muhoho como Nuru
- Peter Mudamba como xeneral Maxwell[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos