O teorema do non-existe-o-xantar-de-balde (NFLT en inglés), ou "teorema de pagar por xantar" é un teorema no campo da optimización combinatoria dos físicos David H. Wolpert e William G. Macready.
Indican (Wolpert e Macready, 1995) que: "Todos os algoritmos que procuran un pico dunha función de custo funcionan con igual eficiencia, cando se calcula a media sobre todas as funcións de custo posíbeis." Facendo exame da frase "non existe o xantar de balde", este teorema explica que, ao longo de todos os problemas matematicamente posíbeis, cada algoritmo da busca farao na media tan ben como calquera outro. o o desempeño dun algoritmo altamente especializado será mellor fronte a outro de propósito xeral, mais en media, aplicándoo a todos os problemas do dominio posíbeis, terá un desempeño similar.
O teorema úsase como un argumento contra o uso de algoritmos xenéricos de procura, tales como algoritmos xenéticos sen usar todo o coñecemento posíbel do dominio. É aplicado tamén a outros problemas xenéricos.
Alternativamente, o teorema estabelece que "unha estratexia de optimización universal de propósito xeral é teoricamente imposíbel, e a única maneira de que unha estratexia supere a outra é especializándose no problema específico en consideración" (Ho e Pepyne, 2002).
Aplicacións do teorema
Este teorema usouno William Dembski, propoñente do proxecto intelixente, para criticar a teoría da evolución; Dembski e outros críticos da evolución indican que os teorema de pagar por xantar demostran que a evolución non supera á mera procura aleatoria na busca de resultados óptimos. Entrementres, os opoñentes desta visión indican que o teorema de pagar por xantar non é relevante como crítica da evolución, pois a necesidade da evolución soamente sucede nun subconxunto do dominio, no mundo real, e non en todos os mundos posíbeis.
De feito, David Wolpert calificou o uso de Dembski do teorema de pagar por xantar como "fatal, informal e impreciso."