A teoría de Cattell–Horn–Carroll (xeralmente abreviado a CHC), é unha teoría psicolóxica na estrutura de habilidades cognitivas humanas. Baseada no traballo de tres psicólogos, Raymond B. Cattell, John L. Horn e John B. Carroll, a teoría de Cattell–Horn–Carroll é considerada como unha teoría importante no estudo de intelixencia humana. Baseada nun corpo grande de investigación, que abarca máis de 70 anos, a teoría dos tres estratos de Carroll desenvolveuse utilizando a aproximación psicométrica, a medida obxectiva das diferenzas individuais en habilidades, e a aplicación da análise factorial, unha técnica estatística que amosa relacións entre variábeis e a estrutura subxacente de conceptos como 'intelixencia'.[1] A aproximación psicométrica facilitou o desenvolvemento de xeito coherente de ferramentas de medida válidas e fiables e é o modelo predominante no campo da investigación no campo da intelixencia (Neisser, 1996).
A teoría de Cattell-Horn-Carroll é unha integración de dous modelos teóricos de intelixencia previamente establecidos: a teoría da intelixencia fluída e cristalizada (Gf-Gc) [2] e a teoría dos tres estratos de Carroll (1993), un modelo xerárquico de intelixencia de tres estratos. Debido ás semellanzas substanciais entre as dúas teorías, fusionáronse para formar a teoría de Cattell-Horn-Carroll. Non obstante, algúns investigadores, incluído John Carroll, cuestionaron non só a necesidade, senón tamén a base empírica da teoría..[3][4]
A finais da década de 1990 o modelo de CHC foi expandido por McGrew, e máis tarde revisado coa axuda de Flanagan. Outras extensións posteriores do modelo foron detalladas en McGrew (2011) e Schneider e McGrew (2012). Hai un número bastante grande de diferenzas individuais distintas na capacidade cognitiva, e a teoría CHC sostén que as relacións entre elas pódense derivar clasificándoas en tres estratos diferentes: Estrato I, "aptitudes" estreitas; estrato II, "aptitudes amplas"; e estrato III, consistindo nunha única habilidade "aptitude xeral" (ou g).
Na actualidade, a teoría de Cattell–Horn–Carroll é amplamente aceptada como a teoría de habilidades cognitivas máis comprehensiva e empiricamente respaldada, conformando un corpo substancial de investigación e de desenvolvemento de probas de CI (Cociente de Intelixencia).[5]
Marco
Desenvolvemento do modelo CHC
A teoría da intelixencia de Cattell-Horn-Carroll é unha síntese do modelo Gf-Gc de Cattell e Horn de intelixencia fluída e cristalizada e da xerarquía de tres estratos de Carroll (Sternberg e Kauffman, 1998). A conciencia das semellanzas entre o modelo expandido Gf-Gc de Cattel e Horn e o modelo factores complexos do estrato II de Carroll destacouse nunha reunión en 1985 sobre a revisión da batería psicoeducativa Woodcock-Johnson (Woodcock & Johnson, 1989). Nesta reunión, Horn presentou a teoría Gf-Gc a varias figuras destacadas das probas de avaliación da intelixencia, incluíndo a John B. Carroll (McGrew, 2005)[5]. Carroll xa era un defensor da teoría de Cattell-Horn, afirmando en 1993 que o modelo Gf-Gc "parece ofrecer a aproximación máis fundamentada e razoable a unha teoría aceptable da estrutura das capacidades cognitivas" (Carroll, 1993, páx. 62). Esta reunión fortuíta foi o punto de partida para a integración das dúas teorías. A integración das dúas teorías evolucionou a través dunha serie de acontecementos ponte que ocorreron ao longo de dúas décadas. Aínda que hai moitas semellanzas entre os dous modelos, Horn argumentou de forma coherente e tenaz contra un único factor g de capacidade xeral (McGrew, 2005, p. 174) [5]. Charles Spearman propuxera por primeira vez a existencia do factor g (tamén coñecido como intelixencia xeral) a principios do século XX, despois de descubrir importantes correlacións positivas entre as puntuacións dos nenos en materias académicas aparentemente non relacionadas (Spearman, 1904). A diferenza de Horn, Carroll argumentou que a evidencia dunha única habilidade "xeral" era abrumadora, e insistiu en que g era esencial para unha teoría da intelixencia humana.
O Modelo Gf–Gc de Cattell e Horn
Raymond B. Cattell (20 marzo 1905 – 2 febreiro 1998) foi o primeiro en propor unha distinción entre "intelixencia fluída" (Gf) e "intelixencia cristalizada" (Gc). Os factores de Charles Spearman son considerados un antecedente desta idea (Spearman, 1927), xunto coa teoría de Thurstone das Habilidades Mentais Primarias. En 1991, John Horn, un alumno de Cattell, expandía o modelo Gf-Gc para incluír 8 ou 9 habilidades complexas.
A intelixencia fluída (Gf) refírese ao razoamento cuantitativo, a capacidade de procesamento, a adaptabilidade a contornos novidosos e á solución de problemas novos. A Intelixencia Cristalizada (Gc) refírese á acumulación de coñecemento (xerais, procesuais e declarativos). As tarefas de Gc inclúen a resolución de problemas con materiais coñecidos e probas culturais de coñecementos xerais e vocabulario. Gf e Gc son ambos os dous factores de g (intelixencia xeral). Aínda que distintos, hai interacción, en tanto que a intelixencia fluída é un factor decisivo na velocidade coa que o coñecemento cristalizado é acumulado (Cattell, 1963). A intelixencia cristalizada coñécese que se incrementa coa idade segundo acumulamos coñecementos durante o ciclo vital. A habilidade de procesamento fluído acada un pico ao redor dos 20 anos de idade e desde entón vai declinando de xeito contínuo. Algunhas investigacións recentes exploraron a idea de que o adestramento en tarefas de memoria de traballo poida transferirse en melloras en intelixencia fluída (Jaeggi, 2008).[6] Non obstante esta idea non se mantivo tras os resultados de estudos posteriores (Melby-Lervåg, Redick, & Hulme, 2016).[7]
A xerarquía de tres estratos de Carroll
O psicólogo americano John B. Carroll (xuño 5, 1916 – xullo 1, 2003) fixo contribucións substanciais á psicoloxía, á psicometría e e á lingüística educativa. En 1993, Carroll publicou Human Cognitive Abilities: A Survey of Factor-Analytic Studies, no cal presentou 'Unha Teoría das Aptitudes Cognitivas: A Teoría dos Tres Estratos'. Carroll re-analizara os datos de 461 estudos clásicos de análise factorial sobre a cognición humana, destilando os resultados en 800 páxinas, proporcionando unha fundamentación sólida para futura investigación en intelixencia humana (Carroll, 1993, p. 78-91)[8].
A teoría dos tres estratos de Carroll presenta tres niveis de cognición: habilidades específicas (estrato I), habilidades complexas (estrato II) e habilidade xeral (estrato III).
Capacidades
Capacidades simples e complexas
As capacidades complexas son:
Comprensión-Coñecemento (Gc): inclúe a amplitude e a profundidade do coñecemento adquirdio pola persoa, a habilidade para comunicar o seu coñecemento e a capacidade para razoar utilizando experiencias ou procedementos aprendidos anteriormente .
Razoamento fluído (Gf): inclúe a habilidade ampla de razoar, a formación de conceptos e a solución de problemas que utilizan información non familiar ou procedementos novedosos.
Coñecemento cuantitativo (Gq): é a habilidade para comprender relacións e conceptos cuantitativos e para manipular símbolos numéricos.
Habilidade para a Lectura e a Escritura (Grw): inclúe as habilidades básicas da lectura e a escritura.lector e escribindo .
Memoria a curto prazo (Gsm): é a habilidade para adquirir e manter información en atención activa e poder empregala durante varios segundos.
Almacenamento e recuperación a longo prazo (Glr): é a capacidade para almacenar información e recuperala con posterioridade de xeito fluído no proceso de pensamento.
Procesamento visual (Gv): é a habilidade para percibir, analizar, sintetizar, e pensar con patróns visuais, incluíndo a habilidade de almacenar e lembrar representacións visuais.
Procesamento Auditivo(Ga): é a capacidade para analizar, sintetizar, e discriminar estímulos auditivos, incluíndo a habilidade de procesar e discriminar sons da fala que poden ser presentador baixo condicións distorsionadas.
Velocidade de Procesamento (Gs): A capacidade de controlar a atención para realizar de forma automática, rápida e fluída tarefas cognitivas repetitivas relativamente sinxelas. Fluidez da atención ou rapidez de atención
McGrew propuxo unha serie de extensións da teoría CHC, incluíndo o coñecemento específico de dominio (Gkn), a habilidade psicomotriz (Gp) e a velocidade psicomotriz (Gps). Ademais, propuxéronse capacidades de procesamento sensorial adicionais, incluíndo táctil (Gh), cinestésico (Gk) e olfativo (Go).
As aptitudes específicas son:
Coñecemento cuantitativo
Lectura e escritura
Comprensión- Coñecemento
Razoamento fluído
Memoria a curto prazo
Almacenamento e recuperación a longo prazo
Procesamento visual
Procesamento auditivo
Velocidade de procesamento
Coñecemento matemático
Decodificación lectora
Información Verbal Xeral
Razoamento indutivo
Amplitude de memoria
Memoria asociativa
Visualizacion
Codificación fonética
Velocidade perceptiva
Desempeño matemático
Comprensión lectora
Desenvolvemento da linguaxe
Razoamento secuencial xeral
Capacidade de memoria de traballo
Memoria significativa
Rotación
Discriminación dos sons da fala
Velocidade de resposta
Velocidade lectora
Coñecemento léxico
Razoamento Piagetiano
Memoria de recordo libre
Velocidade de peche
Resistencia á distorsión de estímulos auditivos
Facilidade numérica
Capacidade de deletreo
Habilidade de escoita
Razoamento cuantitativo
Fluidez ideacional
Flexibilidade de peche
Memoria para patróns sonoros
Velocidade / Fluidez lectora
Uso da Lingua
Habilidade comunicativa
Velocidade de razoamento
Fluidez asociativa
Memoria visual
Mantemento e xuízo rítmico
Velocidade / Fluidez na escitura
habilidade Escritora
Sensibilidade gramatical
Fluidez expresiva
Rastexamento espacial
Discriminación e xuízo musical
Velocidade escritora
Produción e fluidez oral
Orixinalidade
Integración perceptiva serial
Identificación absouta do ton
Habilidade de cerre
Aptitude para os idiomas estranxeiros
Facilidade de nomeado
Estimación da lonxitude
Localización sonora
Fluencia verbal
Ilusións perceptuais
Seguimento temporal
Fluencia figurativa
Alternancias perceptuais
Flexibilidade figurativa
Uso de imaxes mentais
Capacidade de aprendizaxe
Moitas probas de capacidade cognitiva clasificáronse mediante o modelo CHC e descríbense en The Intelligence Test Desk Reference (ITDR) [9]. A teoría CHC é particularmente relevante para os psicólogos escolares para a avaliación psicoeducativa. Cinco das sete principais probas de intelixencia cambiaron para incorporar a teoría CHC como base para especificar e poñer en funcionamento as habilidades/procesos cognitivos. Dado que nin sequera todos os instrumentos de proba intelectuais modernos poden medir eficazmente as 10 habilidades de estrato amplo, desenvolveuse un método alternativo de avaliación e interpretación cognitiva chamado Cross Battery Assessment (XBA) [10]. Non obstante, a veracidade deste enfoque de avaliación e interpretación foi criticada na literatura de investigación como estatisticamente defectuosa.
Outras cuestións relacionadas
En consonancia coa natureza evolutiva da teoría, o modelo Cattell-Horn-Carroll segue a ser "unha teoría empírica aberta á que as probas futuras de habilidades aínda non medidas ou descoñecidas poderían producir factores adicionais nun ou máis niveis da xerarquía de Carroll".[11] Aínda hai debate sobre as habilidades complexas (estrato II) e as específicas (estrato I), e estas seguen abertas para ao seu perfeccionamento.
MacCallum (2003, p. 113-115) destacou a necesidade de recoñecer as limitacións das ferramentas de medición artificiais construídas sobre modelos matemáticos: "Simplemente, os nosos modelos son inverosímiles se se toman como representacións exactas ou literais de fenómenos do mundo real. Non poden captar o complexidade do mundo real que pretenden representar. No mellor dos casos, poden proporcionar unha aproximación ao mundo real que teña algún significado substancial e algunha utilidade".
↑Geisinger, Kurt F. (2019). "Empirical Considerations on Intelligence Testing and Models of Intelligence: Updates for Educational Measurement Professionals". Applied Measurement in Education32: 193–197. ISSN0895-7347. doi:10.1080/08957347.2019.1619564.|data-acceso= require |url= (Axuda)
↑ 5,05,15,2McGrew, Kevin S. (2005). "The Cattell-Horn-Carroll Theory of Cognitive Abilities: Past, Present, and Future". En Flanagan, Dawn P.; Harrison, Patti L. The Cattell-Horn-Carroll Theory of Cognitive Abilities: Past, Present, and Future. Guilford Press. pp. 136–181. ISBN978-1593851255.
↑McGrew, Kevin S.; Flanagan, Dawn P. (1998). The intelligence test desk reference (ITDR): Gf-Gc cross-battery assessment. Allyn & Bacon. ISBN9780205198573.
↑Flanagan, D. P.; Ortiz, S. O.; Alfonso, V. C. Essentials of cross-battery assessment. (2nd Edition). ISBN9780471382645.
Carroll, J. B. (1993). Human cognitive abilities: A survey of factor-analytic studies. Cambridge, England: Cambridge University Press.
Carroll, J. B. (2003). The higher-stratum structure of cognitive abilities: Current evidence supports g and about ten broad factors. In H. Nyborg (Ed.), The scientific study of general intelligence: Tribute to Arthur R. Jensen (pp. 5–22). San Diego: Pergamon.
Cattell, R. B. (1941). Some theoretical issues in adult intelligence testing. Psychological Bulletin, 38, 592.
Cattell, R. B. (1963). Theory of fluid and crystallized intelligence: A critical experiment. Journal of educational psychology, 54(1), 1.
Cattell, R. B. (1966). (Ed.), Handbook of Multivariate Experimental Psychology. Chicago, IL: Rand McNally.
Child, D. (2006). The Essentials of Factor Analysis, 3rd edition. Bloomsbury Academic Press.
Cohen, R. J., & Swerdlik, M. E. (2004). Psychological testing and assessment. Chicago, IL: McGraw-Hill (6th ed.)
Flanagan, D. P., McGrew, K. S., & Ortiz, S. O. (2000). The Wechsler Intelligence Scales and Gf-Gc theory: A contemporary approach to interpretation. Allyn & Bacon.
Flanagan, D. P., Ortiz, S. O., & Alfonso, V. C. (2013). Essentials of cross-battery assessment (3rd edition). Nova York: Wiley.
Flanagan, D. P., Ortiz, S. O., Alfonso, V. C., & Dynda, A. M. (2008). Best practices in cognitive assessment. Best Practices in School Psychology V, Bethesda: NASP Publications.
Gregory, Robert J. (2011). Psychological Testing: History, Principles, and Applications (Sixth ed.). Boston: Allyn & Bacon. ISBN978-0-205-78214-7.
Gustafsson, J. E., & Undheim, J. O. (1996). Individual differences in cognitive functions. In D.C. Berliner & R. C. Calfee (Eds.), Handbook of educational psychology (pp. 186–242). New York: Macmillan Library Reference USA.
Keith, T. Z., & Reynolds, M. R. (2010). Cattell–Horn–Carroll abilities and cognitive tests: What we've learned from 20 years of research. Psychology in the Schools, 47(7), 635-650.
MacCallum, R. C. (2003). Working with imperfect models. Multivariate Behavioral Research, 38(1), 113-139.
McGrew, K. & Flanagan, D. (1998). The Intelligence Test Desk Reference: Gf-Gc cross-battery assessment. Allyn & Bacon.
McGrew, K. S. (2005). The Cattell-Horn-Carroll Theory of Cognitive Abilities. In D. P. Flanagan & P. L. Harrison (Eds.). (2012). Contemporary intellectual assessment: Theories, tests, and issues. (pp. 151–179). New York: Guilford Press.
Neisser, U., Boodoo, G., Bouchard Jr, T. J., Boykin, A. W., Brody, N., Ceci, S. J., ... & Urbina, S. (1996). Intelligence: knowns and unknowns. American psychologist, 51(2), 77.
Newton, J. H., & McGrew, K. S. (2010). Introduction to the special issue: Current research in Cattell–Horn–Carroll–based assessment. Psychology in the Schools, 47(7), 621-634.
Sheehan, E., Tsai, N., Duncan, G. J., Buschkuehl, M., & Jaeggi, S. M. (2015). Improving fluid intelligence with training on working memory: a meta-analysis. Psychonomic bulletin & review, 22(2), 366-377.
Spearman, C. (1904). " General Intelligence," objectively determined and measured. The American Journal of Psychology, 15(2), 201-292.
Spearman, C. (1927). The abilities of man: Their nature and measurement. Nova York: Macmillan.
Sternberg, R. J., & Kaufman, J. C. (1998). Human abilities. Annual review of psychology, 49(1), 479-502.
Willis, J. O., Dumont, R., & Kaufman, A. S. Factor-analytic models of intelligence. In Sternberg, R. J., & Kaufman, S. B. (Eds.). (2011). The Cambridge handbook of intelligence. (pp. 39–57). Cambridge University Press.
Woodcock, R. W, and Johnson M. B. (1989). Woodcock-Johnson Psycho-Educational Battery-Revised. Chicago, IL: Riverside Publishing.